DICIONARIO DE ENSINO E APRENDIZAXE DE LINGUAS
ebook

DICIONARIO DE ENSINO E APRENDIZAXE DE LINGUAS (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Materia
Lingüística
ISBN:
978-84-9887-812-7
Páginas:
450
Formato:
HTML5 - Streaming
Derechos eBook:
Acceso perpetuo
DRM
Si

Concibida como manual de referencia e consulta, esta obra tivo a súa orixe nunha primeira versión publicada en castelán do ano 2007 por parte da editorial ENCLAVE-ELE. O interese suscitado por este traballo entre profesionais e estudantes vinculados ao mundo do ensino e aprendizaxe de linguas, xunto coa necesidade de contar cun documento destas características no contexto galego, tiveron como consecuencia a preparación deste volume que, ademais de ser unha tradución e adaptación da versión anterior, incorpora un número importante de definicións que se refiren de maneira concreta ao sistema galego. Esta obra contén, no seu conxunto, máis de 1200 entradas ordenadas alfabeticamente, que recollen o vocabulario básico da aprendizaxe e ensino de linguas estranxeiras. Todos os termos aparecen debidamente documentados, con exemplos prácticos e referencia bibliográficas recomendadas para mellor profundar en cada tema. Resultará, sen dúbida, de grande utilidade e interese para todo aquel que se queira introducir no ensino e aprendizaxe de linguas, desde estudantes de lingüística, educación ou filoloxía, ata profesores de todos os niveis educativos, investigadores, autores e editores de materiais didácticos. O dicionario inclúe así mesmo un glosario multilingüe coas equivalencia das diferentes entradas ao castelán, alemán, inglés, francés e italiano así como varios apéndices con enderezos web e ligazóns de interese. Os autores son todos eles profesores universitarios de ampla experiencia no ensino de linguas.