O MEGALITISMO
ebook

O MEGALITISMO. A PRIMEIRA ARQUITECTURA MONUMENTAL DE GALICIA (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ISBN:
978-84-9887-395-5
Páginas:
204
Formato:
Epublication content package
Derechos eBook:
Compartir: 6 dispositivos permitidos.
DRM
Si
-5%
4,01 €
3,81 €
IVA incluido
Comprar

Sorpresa, fascinación, incredulidade son impresións que chegan a abraiar cando nos colle de súpeto o maxestoso empaque dun moimento megalítico, enchendo coa súa presencia toda a paisaxe circundante. ¿Porque facer semellante obra?, pregúntase o incré­dulo visitante. ¿Porque tanto traballo no labor de extracción das grandes laxes, o seu transporte e erguemento? ¿Cal era o pensamento deses megaliteiros? Ó mellor cicais unha fonda motivación relixiosa foi o xerme destas construccións. Ou en todo caso un dos móbiles, pois o Megalitismo hai que entendelo como un fenómeno ecuménico, polimórfico e vario, no que as estructuras pétreas non son máis que un elemento de todo un mundo cargado de simbolismos, xeral­mente en ligazón coa idea da morte e do alén. Sen embargo denantes de entrar na traballosa pro­blemática das interpretacións cómpre diante de todo facer­mos unha chea de esclarecementos terminolóxicos. En primeiro termo, adóitase falar de dolmen, túmulo, mámoa, etc. ó facer referencia ós moimentos megalíticos que inzan as diferentes rexións da Europa occidental a partir do IV milenio.