A RAZÓN ECOLÓXICA

A RAZÓN ECOLÓXICA. ACTAS DO VIII SIMPOSIO INTERNACIONAL LUSO-GALAICO DE FILOSOFÍA, SANTIAGO DE COMP (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Filosofía
ISBN:
978-84-9887-783-0
Páginas:
302
Encuadernación:
Rústica
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Unha das virtudes publicitarias do sistema económica vixente, o capitalismo, asentado xa de maneira planetaria tras a desfeita das economías estatalizadas e centralizadas das sociedades pretendidamente socialcomunistas, é expandir a idea de que non só non ten modelos antagonistas que lle opoñan resistencia económica e ideolóxica, senón que tampouco se adiviñan no horizonte modelos alternativos que lle disputen tal hexemonia. Veremos que isto non é así, que existen movementos no seo mesmo da reflexión económica e ecolóxica -da que este volume é boa mostra- que fan unha dura emenda ao capitalismo e a un tipo de ciencia económica tradicional que é cega ás variables ecolóxicas e sociais que se debe introducir nos seus modelos e cálculos. Con todo, talvez a maior crítica e deslexitimación que sofre hoxe o capitalismo veña da mesma crise ecolóxica, así como dos conflitos sociais e crises humanitarias que el mesmo contribúe a xerar.