A REPÚBLICA

A REPÚBLICA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Ciencias políticas
ISBN:
978-84-15876-64-9
Páginas:
690
Encuadernación:
Tela
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
En stock
Comprar

"A República" é, desde moitos puntos de vista, a máis importante obra de Platón. A conversa inicial entre Sócrates e diversos personaxes como o sofista Trasímaco ou os irmáns máis vellos de Platón acaba centrando o tema na natureza e dimensión da xustiza para os humanos.

Agora ben, en vista de que a persoa perfectamente xusta é para Platón a perfectamente boa en todos os sentidos, o asunto consiste, a fin de contas, na determinación dos fundamentos e o valor dunha vida boa. Ese núcleo argumental brinda ao autor a ocasión de manifestar a súa posición ante o práctica totalidade das cuestións que podía abranguer un pensador da Grecia clásica: a natureza do ser, a estrutura da mente, o método científico ou a subordinación da orde social e do sistema educativo á natureza do individuo.

"A República" representa, pois, o primeiro gran tratado da filosofía occidental, unha obra profética e eterna, que, concibida varios séculos antes da nosa era, aborda aspectos que aínda hoxe, no terceiro milenio, continúan sendo obxecto de reflexión e debate.

A nosa versión galega incorpora os dez libros completos da obra orixinal.

Otros libros del autor