A TRADUCIÓN GALEGA DO LIBER DE MEDICINA EQUORUM DE GIORDANO RUFFO

A TRADUCIÓN GALEGA DO LIBER DE MEDICINA EQUORUM DE GIORDANO RUFFO (Libro en papel)

Editorial:
FUNDACIÓN BARRIÉ
Año de edición:
Materia
Filología
ISBN:
978-84-9752-092-8
Páginas:
714
Encuadernación:
Rústica con solapa
-5%
25,00 €
23,75 €
IVA incluido
Disponible en 1 mes
Comprar

Pouco despois da morte de Federico II de Sicilia en 1250, quen fora miles in marestalla da corte, Giordano Ruffo de Calabria, escribe en latín un manual de veterinaria coñecido co título "De medicina equorum" desde a edición de Girolamo Molin. A obra tivo unha ampla difusión en latín e tamén en romance, pois axiña foi traducida ao siciliano, ao provenzal, ao italiano, ao catalán ou ao francés, e foi readaptada polo Mestre Giraldo por encargo de Don Denis no ano 1318.

O manuscrito 23076 da Biblioteca Nacional de Madrid contén a única copia coñecida ata agora da versión galega dese tratado, á que este volume se achega co obxecto de establecer o seu texto nunha edición que, sen alterar a realidade lingüística que reflicte o códice que a envía, opta pola súa regularización gráfica e se axuda doutros elementos da tradición do De medicina equorum co fin de corrixir algunhas das probables deficiencias que, desde a súa condición de copia, o testemuño presenta. Malia que o parcial coñecemento da tradición do manual de Ruffo non permite unha fixación satisfactoria do seu stemma, outras pezas da cadea de transmisión da obra son de innegable proveito para a edición da versión galega e contribúen a percibir erros ou problemas textuais de distinta natureza.

Ademais destes aspectos, o traballo que se presenta quere resaltar tamén a extraordinaria riqueza léxica dun texto que, pola súa complexidade e singularidade, ocupa un lugar destacado (e único) no conxunto da prosa medieval galega.