BIBLIOTECA DE JOSÉ ÁNGEL VALENTE

BIBLIOTECA DE JOSÉ ÁNGEL VALENTE (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-16533-98-5
Páginas:
125
Encuadernación:
Rústica con solapa
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
En stock
Comprar

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago acubilla as instalacións da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dende a creación desta a remates de 2000, lugar onde na actualidade se custodian tamén o arquivo e biblioteca persoais do poeta coa finalidade de espallar o seu infinito legado. Unha biblioteca que neste volmen se cataloga ordenadamente, coa única intención de ofrecer e facilitar unha ferramenta máis para todos aqueles amantes da herdanza intelectual de Valente así como para todos aqueles que se acheguen por primeira vez á súa vida, obra e pensamento. A biblioteca persoal de José Ángel Valente consta dun total de 8063 monografías integradas nos 8642 volumes que conforman o total do fondo bibliográfico1, ao que habería que engadir os 300 títulos de publicacións periódicas que posuía o poeta, narrador e ensaísta de Ourense, así como os libros de el ou sobre el que se publicaron tras a súa morte, material periódico e conxunto póstumo do que non imos tratar nesta obra. Todo aquel acervo bibliográfico ocupa, aproximadamente, uns 192 metros lineais de andeis, cun gran predominio da lingua castelá (máis de 4000 títulos) e francesa (máis de 2000), mais onde non faltan idiomas como o galego, inglés, italiano, alemán, portugués, catalán...