ECONOMÍA BÁSICA

ECONOMÍA BÁSICA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Economía
ISBN:
978-84-8158-649-7
Encuadernación:
Rústica
-5%
8,00 €
7,60 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

O libro vai dirixido ao alumnado que debe adquirir coñecementos esenciais de Economía, ben como introdución ao posterior estudio específico desta ciencia (caso do Bacharelato), ben como materia obrigatoria ou troncal, pero integrada de forma complementaria en plans de estudos non directamente relacionados coa ciencia económica (caso de graos en ciencias técnicas, sociais ou xurídicas). O obxectivo fundamental é ofrecer aos lectores (alumnado ou simplemente interesados por saber), unha síntese dos conceptos máis elementais da ciencia económica, utilizando unha linguaxe veciña ás informacións que sobre estes temas reciben a cotío a maioría dos cidadáns nos medios de comunicación, pero en lóxica, presentados co rigor necesario para manexar con precisión aqueles conceptos. En última instancia, o libro debe supoñer unha ferramenta cómoda de usar e sempre agradecida polos lectores para interpretar as claves do mundo económico global no que inescusablemente haberán de moverse. Cada tema proporciona igualmente, unha selección de conceptos clave para facilitar a comprensión dos coñecementos expostos.