ELEMENTOS

ELEMENTOS (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Matemáticas
ISBN:
978-84-15876-04-5
Páginas:
835
Encuadernación:
Tela
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
En stock
Comprar

"Elementos" de Euclides é un clásico no sentido orixinal do termo pois, malia ter sido escrito xa iniciado o período helenístico, constitúe unha presentación maxistral das matemáticas coñecidas polos gregos ata o ano 300 a. C., a meirande parte delas desenvolidas na Grecia clásica por matemáticos como Pitágoras, Teeteto e Eudoxo.

A obra é fundamental non só polo seu contido matemático senón tamén pola forma de presentalo, xa que establece por primeira vez o método axiomático, tan relevante na posterior evolución das matemáticas ata o día de hoxe.

A influencia dos Elementos no eido da ciencia é incalculable e probablemente se trate do texto científico máis traducido e editado. Usado con exclusividade ata a aparición das xeometrías non euclidianas no século XX continuaba a ser empregado como texto matemático básico. Ademais, influíu decisivamente na arquitectura a través da teoría da proporción: na pintura, onde tivo un papel fundamental no desenvolvemento da perspectiva, e mesmo na máis actual matemática computacional. Un clásico con maiúsculas, que, en definitiva, semella modularse segundo os tempos en que é interpretado.

Otros libros del autor