ESTIDOS DE EDICIÓN CRÍTICA E LÍRICA GALAICO-PORTUGUESA

ESTIDOS DE EDICIÓN CRÍTICA E LÍRICA GALAICO-PORTUGUESA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Crítica
ISBN:
978-84-9887-302-3
Páginas:
401
Encuadernación:
Rústica
-5%
26,00 €
24,70 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Este libro explora os vieiros polos que discorre o labor ecdótico no ámbito da lírica medieval galego-portuguesa, os logros acadados, mais tamén os retos que debe afrontar o filólogo que se ocupa desta tradición poética. A obra conságrase de xeito monográfico ás últimas propostas formuladas no ámbito metodolóxico, aos resultados de investigacións que aplican os presupostos teóricos e os recursos técnicos máis innovadores, e ás achegas que á edición crítica do texto lírico galego-portugués se realizan desde os estudos lingüísticos, métricos -neste caso, con atención tamén As Cantigas de Santa María- e de tradición manuscrita. Todo este tratamento busca suscitar a reflexión sobre a importancia fundamental da práctica ecdótica, un exercicio no que a palabra, o texto -neste caso as cantigas producidas no Occidente ibérico-, é a causa, o motivo, o principio, pois só o texto critico pode constituír a base de calquera ulterior análise do propio texto que adopte o rigor científico como criterio. Este libro, en fin, oríentase ao debate e o intercambio de coñecemento dun patrimonio literario que transcende as fronteiras peninsulares para adquirir carácter universal.