MOBILIDADE, FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO NO ÁMBITO TRANSFRONTERIZO

MOBILIDADE, FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E EMPREGO NO ÁMBITO TRANSFRONTERIZO. ACTAS DO XIII CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Ciencias sociales
ISBN:
978-84-9887-918-6
Páginas:
846
Encuadernación:
Rústica
-5%
28,00 €
26,60 €
IVA incluido
Agotado

Como consecuencia da globalización e da construción dunha Europa común e coa eliminación das fronteiras entre os países membros para facer efectiva a libre circulación de traballadores e traballadoras, a mobilidade da poboación transfronteiriza de Galicia a Portugal e viceversa pasou de ser unha realidade ilegal e agachada a avanzar na perspectiva dunha situación legal, normalizada e visíbel. Emerxen así novas necesidades compartidas, entre as que destacan a formación e a orientación para o traballo en ambos contextos. Entendemos, pois, que tanto unha como a outra se converten en estratexias de primeira orde para a normalización da mobilidade no emprego. Coñecer as boas prácticas e proxectos, xa realizados ou en proceso de desenvolvemento, vinculados coa mobilidade é o obxecto desta decimoterceira edición do Congreso de Formación para o Traballo, coa intencionalidade anexa de tomar conciencia das carencias existentes, aproximarnos aos resultados da investigación e poñer en valor os efectos da actividade desenvolvida polos distintos axentes implicados nos ámbitos da formación, a orientación e o emprego no contexto luso-galaico.