O CAMPO EN MOVEMENTO.

O CAMPO EN MOVEMENTO.. O PAPEL DO SINDICALISMO LABREGO NO RURAL GALEGO DO TARDOFRANQUISMO E DA TRANSCIÓ (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Historia de España Contemporánea (ss. XX y XXI)
ISBN:
978-84-9887-649-9
Páginas:
214
Encuadernación:
Rústica
-5%
12,00 €
11,40 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Este traballo é un primeiro achegamento ó estudo da acción colectiva no rural galego do tardofranquismo e da primeira etapa en democracia. O texto vai barallando unha serie de preguntas que poderían sentar en tres vagóns intercomunicados.
Primeiro, os motivos que levan un grupo de xente a mobilizarse nun determinado momento e lugar e non noutros, no contexto político e económico da Galiza dos últimos tempos da ditadura e da transición. Entrando logo no estudo das organizacións, explícase a xénese dos diferentes sindicatos labregos e a socioloxía dos axentes que os promoven: como len a realidade, que reivindican e de que maneira o fan. Reflexionando sobre e a relación entre organizacións e partidos políticos, compróbase se as primeiras funcionan ou non como correas transmisoras de ideoloxía para as bases campesiñas, e formúlase tamén que poden ter de substrato e que de novidade respecto do agrarismo de preguerra. Por fin, mirando desde abaixo, a investigación interrógase polas motivacións dos labregos e labregas, o seu grao de politización e a maneira en que se perciben e son percibidos, atendendo ós cambios que se observan nestas décadas. Este libro é, grazas a montes e moreas de gardiáns de papeis, confiadores de experiencias e compartidores de palabras. Os e as. No tempo histórico, desde os que a animan, participan, rexeitan ou descoñecen, iremos debullando interrogantes sobre a mobilización labrega na Galiza do tardofranquismo e a transición.