O HOME UNIDIMENSIONAL

O HOME UNIDIMENSIONAL (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Sociología
ISBN:
978-84-9887-851-6
Páginas:
334
Encuadernación:
Tela
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Agotado

Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantís dos anos sesenta, en Berlín, Berkeley, París, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civís, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: "Eros and Civilization" (1955) e a obra que aquí ofrecemos vertida ao galego, "One-Dimensional Man" (1964).

Malia o seu pesimista diagnóstico, "O home unidimensional" urxía a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos podería reducirse a instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aí a súa apelación á importancia da teoría como arma crítica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da Teoría Crítica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.

Otros libros del autor