O MONTE E NOSO

O MONTE E NOSO. AS MULLERES E A CONFLICTIVIDADE SOCIAL NO MEDIO RURAL GALEGO DURANTE O FRANQUISM (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Sociología
ISBN:
978-84-9887-842-4
Páginas:
109
Encuadernación:
Rústica
-5%
10,00 €
9,50 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

A histoira de Galicia, e máis en concreto a historia das mulleres en Galicia, non se construíu só de nomes célebres como os de Isabel de Castro ou María Pita, senón tamén de nomes anónimos que, en tempos tan duros como os da ditadura franquista, souberon e tiveron o valor de defender con ardor aquilo que consideraban seu. Rosa, Josefa, Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valente que loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime no medio rural. Este traballo evidencia que a actitude dunha parte da poboación feminina non se caracterizou pola pasividade nin a submisión incondicional ao Goberno, pois non eran aqueles suxeitos pacíficos e carentes de personalidade, capacidade de decisión e ideais que a propaganda e o discurso do Réxime pretendía mostrar.