OS XOGOS DE PALABRAS NA PRENSA GRATUÍTA EN GALEGO: DE LUNS A VENRES

OS XOGOS DE PALABRAS NA PRENSA GRATUÍTA EN GALEGO: DE LUNS A VENRES (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Ciencias de la comunicación
ISBN:
978-84-16533-09-1
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
-5%
5,00 €
4,75 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora de cativar a atención dos lectores de prensa gratuíta, que se caracterizan de maneira xeral por seren persoas con escaso hábito de lectura e cun tempo moi limitado para o consumo de información.

O noso obxectivo vai consistir en analizar os elementos que empregan os emisores (é dicir, os xornalistas) para a elaboración de titulares dotados deste recurso creativo, e de establecer unha clasificación segundo a motivación que se agocha detrás de cada un deles. Así mesmo, trataremos de identificar os procesos que fan que as mensaxes creativas enviadas polos autores tenan nos destinatarios (os lectores) a resposta agardada, logrando así que os xogos de palabras cumpran o seu obxectivo e prendan nos receptores o interese por seguir lendo o resto da información.

Que mecanismos se ponen en marcha neste fenómeno comunicativo? Que importancia ten o conecemento compartido entre emisores e receptores na comprensión exitosa dun titular creativo? Que relevancia tenen o contexto, o significante, os elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos? A estas e outras cuestión trataremos de ir dando resposta nas páxinas deste estudo.