PRIMAVERA SILENCIOSA

PRIMAVERA SILENCIOSA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Medioambiente
ISBN:
978-84-16533-05-3
Páginas:
450
Encuadernación:
Tela
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
En stock
Comprar

Moi de cando en vez na historia da humanidade aparece un libro capaz de alterar o seu curso. Así se refería un senador norteamericano en 1962 a Rachel Carson e a súa "Primavera silenciosa", a obra dunha especialista plenamente consciente do público ao que se dirixe e do seu compromiso cívico de informar.

Co seu libro, Rachel Carson foi quen de activar o movemento ambientalista como quizais nunca antes, e posiblemente tampouco despois, ninguén o fixera. a autora describe, con todo fundamento científico, o ataque indiscriminado dos fabricantes de insecticidas e herbicidas, biocidas na súa propia denominación, contra o planeta -solo, auga, aire e seres vivos-, mercadores enchidos de soberbia, para que o fin -o control da Natureza- xustifica abondo o medios: a incorporación de velenos químicos sintéticos no medio ambiente.

A crítica de Carson demostrou a ineficacia daqueles produtos no control das pragas pois suprimían os controis naturais e xeraban resistencia nos insectos obxectivo. A súa inquedanza diante dunha Administración que non garantía á sociedade civil a súa saúde fronte ás consecuencias derivadas do uso destes compostos levou a Rachel Carson á primeira plana da acatualidade dadqueles anos. Pregruntábase polos incómodos resultados de enfrontar o ben e a saúde públicas aos grandes intereses comerciais.

Preguntas, inquedanzas e críticas que seguen estando sobre a mesa a medio século despois da prematura morte, en 1964, daquela muller valente e pioneira.