PROGRAMA ECO-FA-SE

PROGRAMA ECO-FA-SE (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Pedagogía y educación
ISBN:
978-84-15876-95-3
Páginas:
132
Encuadernación:
Rústica
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

O progreso dunha sociedade depende, en gran medida, dos coñecementos e capacidades que logren os seus membros a través do sistema educativo. Pero moitos estudantes non conseguen avanzar de acordo ás previsións curriculares, razón dabondo para apurar a busca de ferramentas que poidan beneficiar a todo o alumnado.

ECO-FA-SE é un programa socioeducativo deseñado para mellorar o rendemento do alumnado de 1º e 2º da ESO, tomando como base unha dinámica de traballo de colaboración entre familias e centros de ensino. Conta con tres actuacións relacionadas: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (AC), un Programa de Educación Familiar (EF) e un Programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Ten sido implementado e avaliado, no marco de sólidas actuacións investigadoras, por membros do Grupo Esculca da USC en sete centros educativos de Galicia. Os resultados acadados amosan o seu potencial sistémico, nomeadamente cando se trata de artellar canles efectivas polas que poida discorrer o éxito educativo da nosa mocidade.