RESISTIR NO ESCENARIO

RESISTIR NO ESCENARIO. CARA A UNHA HISTORIA INSTITUCIONAL DO TEATRO GALEGO (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Teatro
ISBN:
978-84-16533-48-0
Páginas:
402
Encuadernación:
Rústica
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
En stock
Comprar

O teatro galego é, seguramente, o máis mozo de todos os discursos mozos da cultura galega. Quizais por iso se ten depositado a responsabilidade de explicar as vicisitudes da súa última andaina nos seus propios artífices, a miúdo máis atarefados no día a día da súa inmediatez e das súas necesidades vitais ca nunha explicación teórica, verdadeiramente reflexiva e rigorosa, arredor do punto teatral ao que chegamos.

Esta monografía explora o teatro galego actual a través dun relato que, facendo fincapé nos diversos presentes sucesivos ao longo do tempo, dea conta da capacidade das xentes do teatro para incidir no seu propio destino como artistas e mais da capacidade de todos para definir o teatro galego da maneira máis útil e eficaz.