SEXUALIDADE E SAÚDE

SEXUALIDADE E SAÚDE. PROPOSTA DIDÁCTICA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Ciencias de la salud
ISBN:
978-84-8158-650-3
Encuadernación:
Rústica
-5%
8,00 €
7,60 €
IVA incluido
En stock - 72 horas
Comprar

Este manual nace como complemento didáctivo ao libro Sexualidade e Saúde: o estudo da sexualidade humana dende unha perspectiva de xénero (Lameiras, Carrera & Rodríguez, 2013) posibilitando unha maior comprensión dos contidos abordados neste e contribuíndo especialmente á formación da dimensión sexuada do alumnado dende unha perspectiva integradora e socio-psico-biolóxica. Así, este manual didáctico segue a mesma organización teórica do libro de Sexualidade e Saúde, distribuíndose en tres capítulos. No primeiro capítulo O estudo da sexualidade humana como disciplina científica: dende os albores do século XIX ata a revolución sexual, trabállanse contidos relativos á historia da ciencia sexual, dende os seus inicios en 1886 coa obra Psychopathia sexualis de Krafft-Ebing, ata a segunda metade do século XX. Afonda no movemento feminista e no homosexual, que puxeron de relevo os grandes nesgos que acompañaron o estudo da sexualidade dende os seus inicios ata os nosos días: o patolóxico, escurecendo e medicalizando «todo o sexual»; o nesgo sexista, aniquilando a dimensión sexual da muller, reducíndoa a nai e esposa, despoxándoa non só do seu dereito ao gozo sexual, senón fundamentalmente do seu dereito como ser independente e autónomo; e, para rematar, o nesgo heterosexista que patoloxizou e criminalizou a expresión da identidade sexual máis alá das ríxidas paredes da heterosexualidade hexemónica.

No segundo capítulo do manual Sexualidade e identidades: da heteronormatividade á transgresión, trabállanse aqueles conceptos relativos á identidade e á construción da identidade sexuada, prestando special atención ás teorías que explican como se constrúe a nosa identidade dende diferentes perspectivas que incorporan o esencialismo ata o postestruturalismo, pasando polo construtivismo. Posteriormente, xa dende a erspectiva postestruturalista, concretamente dende a Teoría Queer (Butler,1990, 1993), facemos unha análise da construción da identidade sexuada dende o modelo heteronormativo, ou como diría Sheyla Jeffreys (1996) dende o modelo heteropatriarcal, atendendo aos procesos de socialización diferencial e ás actitudes heterosexistas. Para rematar coa aproximación a outras identidades lexítimas, aquelas que, de diferentes formas e en diferentes graos, subverten os ríxidos modelos lineais de identidade heteronormativa que promove a sociedade occidental a través dos seus diferentes axentes de socialización; visualizando así outras formas de ser e de estar no mundo, máis alá das ríxidas caixas: home/masculino/heterosexual-
muller/feminina/heterosexual; traballando tamén as actitudes de rexeitamento cara a estes colectivos en prol de promover actitudes de valoración positiva destas outras formas de ser persoa.

Finalmente, no terceiro capítulo Conduta sexual humana: dos praceres aos perigos, ao igual que no libro teórico, o interese pasa ao estudo dos praceres e os perigos derivados da sexualidade. Concretamente traballarase a expresión e vivencia da dimensión sexual humana atendendo tanto á reprodución coma ao pracer e á vinculación afectiva, así como á súa expresión nas diferentes etapas do ciclo vital, ou como en persoas con diversidade funcional. Para rematar, incorpórase a problemática derivada da sexualidade,
atendendo fundamentalmente aos riscos derivados da práctica sexual desprotexida, así como a violencia sexual.