TOPONÍMIA E VARIACIÓN DIALECTAL EN GALLEGO

TOPONÍMIA E VARIACIÓN DIALECTAL EN GALLEGO. OS TOPÓNIMOS REMATADOS EN -OA, -ÓA, ÚA, -UÁ (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Lengua y literatura
ISBN:
978-84-16183-89-0
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
-5%
5,00 €
4,75 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Comprar

No presente traballo pretendemos achegarnos aos topónimos galegos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá. A escolla destas catro terminacións ten a súa razón de ser no enfoque desde o cal queremos estudar estes nomes. A nosa intención neste traballo é examinar estes topónimos desde o punto de vista da xeografía lingüística. Partimos da constatación de que existen na toponimia galega nomes coma Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa que presentan unha mesma base mais nos que se observan diferentes variantes na terminación. O noso propósito será examinar se estas variantes aparecen aleatoriamente ou se presentan distribución diatópica e, no caso de seren dialectais, delimitar as áreas xeográficas que cada terminación ocupa e contrastar a información que a toponimia nos ofrece coa que podemos extraer dos datos da lingua viva.