UTOPÍA

UTOPÍA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Filosofía
ISBN:
978-84-9887-708-3
Páginas:
208
Encuadernación:
Tela
-5%
10,00 €
9,50 €
IVA incluido
En stock
Comprar

Se ben é certo que o concepto de "utopía" atravesa toda a historia do pensamento universal, o humanista, mártir e santo, Tómas Moro, influído en boa mediada pola "República" de Platón, deulle un selo inequívoco e, dende entón, indeleble.

O acerto da súa "Utopía" ("De optimi reipublicae statu de que nova insula Utopia", 1516), a grandeza da súa invención, é o humor, que, preservando o equilibrio entre realismo e suxestión, permítelle manter viva a tensión utópica. Fronte aos intentos posteriores, inmediatos e máis coñecidos -o "Pantagruel" (1532) de François Rabelais, demasiado cómico; a "Cidade do Sol" (1623) de Tommaso Campanella, demasiado relixiosa e a "Nova Atlantis" (1627) de Francis Bacon, demasiado científica-, o equilibrio e ponderación de Moro lograron que, dalgún xeito, a súa "Utopía" se convertese na divisoria de augas que diferencia as utopías en antigas e modernas. A partir de Moro, o tema da utopía fíxose explícito e quedou entregado ao proceso vivo da historia.

Mesmo co paso do tempo, na "Utopía" seguen a resoar en todos nós as ilusións dos grandes soños diúrnos que nos habitan, onde o diñeiro non manda e todos somos iguais, onde os vellos e os enfermos están atendidos, onde as guerras apenas existen, onde nos podemos rir dos vestidos, alfaias e ouropeis dos nobres e dos clérigos, onde o traballo non afoga e as familias son ordenadas e harmónicas, onde os gobernantes serven e non explotan... Xusto, a utopía agochada no máis fondo de todos nós, raíz das críticas máis xustas e das ilusións inacabables.

Otros libros del autor