DA INDIRECCIONALIDADE Á RETRANCA
ebook

DA INDIRECCIONALIDADE Á RETRANCA (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
ISBN:
978-84-8158-965-8
Páginas:
151
Formato:
PDF
DRM
No
 
El enlace de descarga caducará a los 30 días
0,00 €
IVA incluido

Ebook gratuito regístrese para poder descargarlo

01 Nos estudos de comunicación intercultural deféndese que malia a aparente liberdade de expresión que teñen os falantes para se comunicar na súa lingua, as diversas culturas ?mecanismos de control subconsciente? parecen ir moldeando a fala das sociedades ata o punto de lles imprimir un estilo comunicativo propio. Este libro céntrase principalmente na análise de tres características discursivas existentes en todas as linguas: a indireccionalidade, a atenuación e a evidencialidade, ás que lles sumamos a retranca. Preténdese poñer en relación estes catro trazos lingüísticos coa imaxe estereotipada -proveniente do exterior- do estilo comunicativo galego e, asemade, tentarase demostrar que esta imaxe está fondamente distorsionada polo prisma dende onde somos observados. A distorsión evidénciase ó comprobar que moitos outros grupos culturais integran as tres primeiras características discursivas como parte das súas prácticas comunicativas sen recibir as connotacións estereotipadas que se lle atribúen ó falante galego. Veremos que o amplo mapa das culturas deixa transparentar múltiples modos comunicativos transmitindo cada un deles unha forma de concibir a comunicación e as relacións humanas.

Otros libros del autor