A unidade didáctica denominada «Elaboración, redacción e presentación de traballos científicos» vai dirixida especialmente a estudantes da materia do mesmo nome de 5.º curso do grao en Veterinaria. Esta unidade didáctica contén información sobre a elaboración e redacción de traballos científicos, incluíndo a procura de información, os compoñentes imprescindibles dun artigo científico ou como incluír referencias documentais bibliográficas e electrónicas. Tamén se inclúe a información para a publicación dun manuscrito nunha revista de impacto, cómo evitar o plaxio así coma outras formas de comunicar a ciencia.