NOVAS NARRATIVAS NA HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA
ebook

NOVAS NARRATIVAS NA HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Materia
Historia del arte
ISBN:
978-84-18445-04-0
Páginas:
284
Formato:
HTML5 – Streaming
Derechos eBook:
Acceso perpetuo desde cualquier dispositivo
DRM
Si
-5%
10,00 €
9,50 €
IVA incluido
Comprar

Os días 24 e 25 de novembro de 2017 tivo lugar, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o seminario Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea, un lugar de encontro pensado para debater sobre os argumentos que ordenaron a disciplina da historia da arte e para propoñer outras achegas que discutan eses relatos canónicos. Durante as xornadas abordamos os obxectos e os métodos de análise da Historia da Arte desde outros puntos de vista, con participantes que traballan no ámbito académico, máis tamén con investigadoras e investigadores independentes, e axentes que traballan dende a práctica curatorial e dende o museo, tentando integrar metodoloxías doutras disciplinas e referentes «periféricos» ou esquecidos. Nesta publicación, que recolle as conferencias e relatorios do seminario Novas Narrativas na Historia da Arte Contemporánea, achéganse algunhas das cuestións que están a provocar, nos últimos anos, unha reorientación nos estudos que abordan o fenómeno da «obra de arte» dende outras posicións, superando os límites disciplinarios tradicionais. Existe unha historia da arte construída desde espazos de poder, un privilexio epistémico e unha historiografía que construíu os relatos hexemónicos e subalternizou outros lugares. Como resposta, nas xornadas e nesta publicación, tentamos abordar outras perspectivas para revisar e reescribir as lóxicas asumidas, eses paradigmas instituídos, e esas relacións entre centros e periferias que dende hai un tempo tentan desmontarse dende o ámbito dos estudos decoloniais, os feminismos, os estudos culturais e visuais ou dende a crítica institucional e o novo institucionalismo. Que ferramentas teóricas e analíticas poderían renovar as estratexias e metodoloxías de abordaxe do obxecto artístico, ampliando o campo de estudio tradicional da «obra de arte»?