A ÁRBORE DE KANT

A ÁRBORE DE KANT. RACIONALISMO E IRRACIONALISMO NA FUNDACIÓN DA GALICIA MODERNA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Filosofía
ISBN:
978-84-8158-731-9
Páginas:
118
Encuadernación:
Rústica con solapa
-5%
6,00 €
5,70 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Un achegamento ao tempo do Segundo Rexurdimento e da Xeración Nós desde a óptica dos constrastes entre o racionalismo e o irracionalismo a partir da novela Arredor de Si, de Ramón Otero Pedrayo. Unha ollada que quere ser renovadora entre a historia e a semiótica, a filosofía e a teoría da cultura.

Desde Herder a Unamuno, desde Walter Benjamin a Otero Pedrayo vense insistindo na necesidade de historiar de xeito diferente a Nación e o Estado. O Estado coñece a historia como o relato da sucesión das súas diferentes estruturas compositivas. De feito ese é o modo de actuar do denominado historicismo burgués, un amoreamento infinito de precisións con respecto á sucesión das diferentes etapas da loita de clases. Para a nación desenvolveuse o concepto de intrahistoria. Se a historia aspiraba a contarnos o carácter caduco do estado, a forma en que os imperios e os reinados, os esplendores e os triunfos, foron pasando e devalando, a intrahistoria soña con contarnos o carácter "eterno", ou cando menos moito máis dilatado no tempo, da nación.