A LÓXICA DA DESCUBERTA CIENTÍFICA

A LÓXICA DA DESCUBERTA CIENTÍFICA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Matemáticas y ciencias
ISBN:
978-84-9887-909-4
Páginas:
670
Encuadernación:
Tela
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
Agotado

En palabras do seu propio autor, ""A lóxica da descuberta científica" pretendía proporcionar unha teoría do coñecemento e, ao mesmo tempo, ser un tratado sobre o método -o método da ciencia-". Iso é o que pretendía ser e iso é o que é: un dos tratados de metodoloxía da ciencia máis relevantes, se non o máis relevante, de todos cantos se escribiron no século XX. Non se trata dun manual de metodoloxía da ciencia e teoría do coñecemento, senón dun tratado, dunha presentación e defensa da epistemoloxía e filosofía da ciencia derivadas da posición específica do autor. Karl Popper é, sen dúbida, unha das figuras máis representativas da filosofía da ciencia do século XX.

A súa produción filosófica foi extensa e non cesou ata os últimos anos da súa vida. "The Logic of Scientific Discovery" (1959), a versión inglesa corrixida e aumentada da súa "Logik der Forschung" (1934), é a súa obra epistemolóxica fundamental. Nela atópanse xa formulados os dous piares do seu pensamento: o rexeitamento da indución e a proposta da falsificación como criterio de cientificidade. Ambos principios impregnan o seu xeito de entender non só a ciencia senón tamén a sociedade e a política, e están, así, detrás da súa crítica do esencialismo dogmático e da súa clara e decidida aposta polo democracia.