A TRANSFORMACIÓN FEMININA DA REALIDADE

A TRANSFORMACIÓN FEMININA DA REALIDADE. UNHA CUESTIÓN DE (DES)MEMORIA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Sociología
ISBN:
978-84-8158-852-1
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
-5%
8,00 €
7,60 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

"A transformación feminina da realidade" ofrece unha novidosa visión sobre da literatura galega centrada na imaxe da muller. En virtude de catro imaxinarías concretas, a da muller heroína, a da santificada, a da muller mariña en contraposición coa da virxinal doncela, a da reitora e a da muller libre, neste volume compílanse unha serie de estudos centrados en catro destinos altamente elocuentes: en primeiro lugar María Pita, protagonista dunha peza literaria galega do Barroco até o momento nunca analizada, a seguir Rosalía de Castro, de quen se achegan datos inéditos sobre da súa biografía, en concreto a respecto da súa realidade familiar e a casa en que morreu (a simbólica Casa d’a Matanza de Iria), así como achegándose á súa relación co senador lucense Quiroga y Gómez de Orbán, bisavó de Fole. En terceiro termo aténdese á relevancia da serea do mar de Arousa, agora contraposta á da doncela do océano galego que aínda se sente nas lendas de tradición oral de Terra de Viveiro. Tamén se analiza a dimensión literaria da exraíña Isabel II, protagonista dun himno galego da autoría de Turnes, e finalmente profúndase no igualamento xenérico operado através da fértil lírica medieval galega. Todas elas, visións polas que se efectúa un diálogo capaz de unificar dimensión e proxecto artísticos, en concreto literario, cunha vontade didáctica en redor dun feito até hoxe esquecido e/ou ignorado, amparándose e deitando datos, así como tamén por medio dunha metodoloxía, que contribúan a unha análise moito máis rigorosa e expresiva, integral e integradora, ao chou do papel literario que a figura da muller resumiu nas letras galegas.

Otros libros del autor