ARMEA, 10 ANOS DE ACTUACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

ARMEA, 10 ANOS DE ACTUACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO RURAL. (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Arqueología
ISBN:
978-84-8158-910-8
Páginas:
116
Encuadernación:
Rústica
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

No ano 2011, asínase o primeiro contrato de investigación entre o Concello de Allariz e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo, que posteriormente (2015-2020) se converterá nun Convenio específico en materia de xestión do patrimonio cultural e arqueoloxía para o xacemento da Cibdá de Armea. En 2020, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia únese ao Concello de Allariz e á Universidade de Vigo no proxecto, apoiando económicamente, mediante un convenio, as intervencións arqueolóxicas. Trátase dunha ferramenta de xestión que se converteu nun modelo de éxito a seguir e que outros Concellos teñen posto posteriormente en marcha para investigar e poñer en valor o seu patrimonio arqueolóxico, baseado, entre outros aspectos, na participación anual de alumnado da Uvigo e de outras Universidades, a modo de curso de arqueoloxía práctico e totalmente gratuíto. Grazas a este proxecto conseguiuse sacar á luz e rescatar do esquecemento un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e convertelo nun dos principais activos histórico-culturais da comarca de Allariz. Armea localízase nunha parroquia do Concello ourensán de Allariz, unha zona rural afectada polo despoboamento. Na aldea de Armea, núcleo de poboación de referencia para o conxunto, vivían en 2011, ano de comezo do Proxecto, tres persoas xubiladas de avanzada idade. No próximo núcleo de Santa Mariña, a situación era algo mellor, aínda que o despoboamento e o abandono de casas e terras de cultivo facíase palpable. A maioría das casas convertéranse en segundas residencias e a súa poboación estaba avellentada. Nese intre, a existencia do gran xacemento de Armea era simplemente coñecida por uns poucos especialistas e parte da poboación local, aínda que se sentía certo desarraigo entre a veciñanza e case ninguén sabía da gran cidade romana de Armea. Unha das causas era que ningún dos restos do xacemento se atopaba visible; estaban agochados baixo unha tupida vexetación descontrolada durante as últimas décadas, desde que, nos anos 50, o enxeñeiro e intelectual local Francisco Conde-Valvís escavara na finca da Atalaia (tamén coñecida como a Igrexa) e tapara a posteriori os restos arqueolóxicos. Outra causa era a perda da memoria sobre as antigas escavacións unha vez que a xeración participante xa desaparecera. Naquel entón non existían tampouco ofertas para realizar visitas organizadas nin información en puntos estratéxicos do Concello que informasen e derivasen os e as visitantes da vila cara a Armea, o que limitaba o número de visitas a aquelas poucas persoas interesadas que coñecían a maneira de chegar ao xacemento. En 2011, soamente a basílica da Ascensión e os restos da sauna castrexa albergados na súa cripta, o coñecido como «Forno da Santa», lembrábanos que nese lugar existían importantes restos arqueolóxicos. As publicacións de Francisco Conde-Valvís (1952; 1959) sobre as súas escavacións indicaban a existencia de restos importantes na ladeira norte, pero non se coñecía con seguridade nin a súa localización, nin a súa funcionalidade, nin a súa cronoloxía e tampouco a súa extensión...