SARMIENTO ESCALONA, ROSARIO; SOBRINO MANZANARES, MARÍA LUÍSA (EDS.)
O coleccionismo segue a ser unha das principais actividades do ámbito artístico, resultado dun sistema no que conflúen e colaboran profesionais de distintas disciplinas e campos. Faise necesario reflexionar sobre esta actividade, aínda nun momento socioeconómico no que as reducións de orzamentos levan as políticas expositivas a un panorama onde, en moitos casos, as programacións se basean en revisións de coleccións.
Esta publicación trata de analizar a actividade coleccionista das últimas décadas dentro e fóra de Galicia, a través das achegas e experiencias de diferentes profesionais que desenvolven o seu traballo en coleccións privadas e públicas, entendendo o coleccionismo dentro duns parámetros que se van abrindo cara a outras vías e formatos.