ARTE + MULLERES. CREADORAS GALEGAS

ARTE + MULLERES. CREADORAS GALEGAS (Libro en papel)

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-92923-65-6
Páginas:
146
Encuadernación:
Rústica
-10%
10,00 €
9,00 €
IVA incluido
En stock - 72 horas
Comprar

Por que habendo un numeroso alumnado feminino na Facultade de Belas Arte teñen tan pouca visibilidadade as mulleres artistas nas exposicións que se realizan en Galicia?
Este texto Arte + mulleres. Informe da situación examina por primeira vez as cifras reais deste desfasamento, nun marco temporal que abrangue desde 1990 a 2013, elaborando un documento sobre a presenza das creadoras galegas respecto á dos artistas homes. Nel revísanse unha serie de acontecementos artísticos que nos permiten comprobar as evidentes diferenzas numéricas existentes entre ambos os dous sexos.
Trátase dun período en que se avanzou na profesionalización en arte contemporánea, no que aumentou o número de mostras, de salas de exposicións e museos e que supón a institucionalización da formación artística para todo o ámbito galego. Por outra parte, desenvólvense iniciativas para promover a igualdade, amais de exposicións, bolsas ou premios, xunto ao espallamento do pensamento feminista a través de publicacións e outras accións divulgativas. Porén, os datos da participación das artistas mulleres, o recoñecemento ao seu traballo e a súa inclusión en coleccións demostran unhas diferenzas que apenas mellorarían.
Pretendemos que este informe sirva como primeira plataforma indicativa para achegar aos nosos lectores e lectoras a mellor información relativa ao estado da cuestión: a visibilidade da muller no panorama artístico galego destes últimos vinte e tres anos.