ÁLVAREZ BLANCO, ROSARIO; DUBERT GARCÍA, FRANCISCO; SOUSA FERNÁNDEZ, XULIO CÉSAR
Este volume do "Atlas Lingüístico Galego" é o segundo dedicado ao léxico relacionado co ser humano. En 2005 apareceu o volume V, Léxico. O ser humano (I), elaborado a partir da información dos cuestionarios referida ao campo semántico do corpo humano e constituído por 300 mapas, coas correspondentes lendas e notas. Este segundo volume contén 296 mapas de léxico tamén referido ao ser humano, aínda que de campos moito máis heteroxéneos ca os contidos no volume precedente.