Edición facsímile do orixinal autógrafo do Coloquio en mil duascentas coplas galegas, obra coñecida tamén baixo outros títulos, como Colección de voces y frases gallegas ou Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos. Esta peza saíu da pluma de Martín Sarmiento (1695-1772) a finais de 1746 ou comezos do ano seguinte. Trátase dun escrito de valor excepcional, pois constitúe ao mesmo tempo un dos primeiros ensaios de restauración do cultivo escrito do idioma galego despois da decadencia tardo-medieval, e unha achega fundacional á lingüística galega.