FERNÁNDEZ SALGADO, XOSÉ A. (ED.)
Danse a coñecer os traballos académicos dos investigadores máis novos do ámbito da filoloxía galega, entendida nun senso amplo, procedentes de traballos de fin de grao e mestrado ou doutro tipo de investigacións. Neste volume abórdanse temas variados como o conflito lingüístico na educación, a supervivencia da mitoloxía clásica na literatura galega, o ensino de galego como lingua estranxeira, un exercicio de literatura comparada na obra poética de Johán Carballeira e un estudo historiográfico dos traballos que trataron a fala do Morrazo.