DICCIONARIO DE DICCIONARIOS - VERSIÓN 3

DICCIONARIO DE DICCIONARIOS - VERSIÓN 3 (Libro en papel)

Editorial:
FUNDACIÓN BARRIÉ
Año de edición:
Materia
Diccionarios
ISBN:
978-84-89748-56-9
Encuadernación:
CD-ROM
-5%
26,89 €
25,55 €
IVA incluido
Agotado

Recóllese no CD Diccionario de diccionarios a obra lexicográfica de 24 autores, desde Sarmiento (1745) a Elixio Rivas (2001). Contén tódalas obras históricas da lexicografía galega (Rodríguez, Carré, Eladio, Real Academia...) e tamén contribucións, obras dispersas ou inéditas (Aníbal Otero, Pintos, Leiras...) ata facer un total de 40 textos. Os lemas diferentes sobrepasan a cifra de 260.000.

Tódolos textos foron etiquetados e indexados para permitir consultas de maneiras moi variadas: por lemas, por sinónimos, por voces en castelán, por autores que aboan unha voz ou por localidades en que se aboan as voces. Iso converte esta obra nunha ferramenta indispensable non só para o especialista en lexicografía, que pode ver sinopticamente, entre outras cousas, o modo de transmisión da información lexicográfica; senón para o investigador, que pode encontrar instantaneamente resposta a múltiples consultas; e tamén, e non menos importante, para o lector curioso. Mesmo un traductor do castelán ó galego pode encontra nela recursos insospeitados. O CD acompáñase cunha guía de uso e unha descrición dos textos incluídos.

Otros libros del autor