GALICIA E A LUSOFONÍA DIANTE DOS DESAFÍOS GLOBAIS

GALICIA E A LUSOFONÍA DIANTE DOS DESAFÍOS GLOBAIS. III CONGRESO DE ESTUDOS INTERNACIONAIS DE GALICIA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Historia
ISBN:
978-84-8158-830-9
Páginas:
214
Encuadernación:
Rústica
-5%
10,00 €
9,50 €
IVA incluido
Agotado

Neste libro de actas aparecen a totalidade das sesións celebradas no "III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia", organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e polo Observatorio da Gobernanza da Área de Ciencia Política da Universidade de Vigo. Foi un plural foro de debate cívico e académico que reflexionou arredor da participación de Galicia no espazo internacional da lusofonía, desde posicións construtivas, inclusivas e pro-activas no contexto do quinto aniversario da aprobación unánime polo Parlamento galego no 2014 da Lei denominada Iniciativa Paz Andrade. Froito desta análise, púxose de manifesto que sermos capaces de exercer a nosa galeguidade na sociedade global actual, obríganos a tomar medidas urxentes para materializar os beneficios comparativos que nos proporciona a nosa idiosincrasia achegada ao mundo lusófono, antes de que sexa demasiado tarde no marco e na natureza dun bulicioso e mesmo incontrolable século XXI. Velaí polo que a última conclusión do Congreso sinala que canta máis identidade galega máis vantaxe competitiva empresarial, comercial, cultural, deportiva, social, cooperativa, etc. terá o noso país para paliar o devalo permanente do noso carácter como nacionalidade histórica, do noso ser no mundo.