MAR ADIANTE

MAR ADIANTE. HISTORIAS DE NENOS PRA NENOS (Libro en papel)

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Prosa
ISBN:
978-84-92923-90-8
Páginas:
104
Encuadernación:
Cartoné
-5%
18,00 €
17,10 €
IVA incluido
Agotado

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2018 en homenaxe a María Victoria Moreno, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar Mar adiante, a súa primeira novela en lingua galega e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. A obra recolle o relato dunha mestra que lle contou un día ao profesorado do seu colexio que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que o seu alumnado a coñeza.

Esta edición conmemorativa está enriquecida cun texto orixinal da autora, ilustrado por ela mesma, pero que non era coñecido do público: o conto mecanoscrito "Crarisca". Ademáis, dous estudos previos dotan esta publicación dun trazo moi orixinal: un estudo propio de experto en historia literaria, Xesús Alonso Montero, e un texto escrito por Sara Alonso Pimentel en forma de carta persoal que dá resposta a "unha conversa pendente".