O FENÓMENO HUMANO

O FENÓMENO HUMANO (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Filosofía
ISBN:
978-84-19679-96-3
Páginas:
373
Encuadernación:
Rústica
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Comprar

Le phénomène humain (1955), texto seminal do paleontólogo, filósofo e teólogo xesuíta Pierre Teilhard de Chardin, é unha obra mestra da ciencia e da filosofía que explora a evolución do cosmos e do ser humano desde unha perspectiva única e fascinante e desenvolve unha proposta provocadora da evolución, na que o ser humano é a culminación actual, pero non o destino final. Redactada entre xuño de 1938 e xuño de 1940, O fenómeno humano deixou unha pegada perdurable no pensamento contemporáneo, desafiando moitas conviccións e ofrecendo unha visión profunda e esperanzadora da humanidade no universo. Malia ter sido influída polos avances científicos e os debates filosóficos da época, os conceptos que propón seguen sendo plenamente relevantes na actualidade. O tempo achegou capas de silencio sobre o pensamento de Teilhard de Chardin pero, tal vez por iso, enfrontar hoxe a súa obra resulte estimulante e revelador na medida en que a súa proposta científica obriga a revisar certos dogmas da evolución. Tamén, e non é menos importante, porque esta poposta inclúe o nesgo dunha orientación preocupada por honrar tanto a razón como a fe.

"Le phénomène humain" (1955), texto seminal del paleontólogo, filósofo y teólogo jesuita Pierre Teilhard de Chardin, es una obra maestra de la ciencia y la filosofía que explora la evolución del cosmos y del ser humano desde una perspectiva única y fascinante y desarrolla una propuesta provocativa de evolución, en la que el ser humano es la culminación actual, pero no el destino final. Escrito entre junio de 1938 y junio de 1940, "El fenómeno humano" dejó una huella duradera en el pensamiento contemporáneo, desafiando muchas convicciones y ofreciendo una visión profunda y esperanzadora de la humanidad en el universo.

Otros libros del autor