O Tombo das viñas de Ribadavia é un rolo de pergamiño procedente do mosteiro de Melón, custodiado no Arquivo da Catedral de Ourense. Foi considerado como un dos primeiros documentos en galego, xa que os estudosos que inicialmente o consignaron e editaron deron en datalo nos anos do reinado (1188-1230) de Afonso IX (o noso VIII).