MARIÑO PAZ, RAMÓN; SUÁREZ VÁZQUEZ, DAMIÁN
Ofrécense á comunidade científica interesada doce papeis novos —once impresos e un manuscrito—, tres primeiras edicións das que nada se sabía con anterioridade e outros materiais recentemente descubertos. O libro complétase cun estudo de conxunto sobre toda a produción reunida nos Papés e cunha «Cronoloxía dos textos escritos en galego entre 1797 e 1846» que permite reconstruír, con moitos máis nomes, datas e datos ca os que ata non hai moito se coñecían, a ponte que une Martín Sarmiento e Diego Cernadas con Xoán Manuel Pintos e Rosalía de Castro.