PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA.

PENSAMENTO, SOCIEDADE E CULTURA.. A RELEVANCIA DA FILOSOFÍA NA EDUCACIÓN (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
ISBN:
978-84-1188-009-1
Páginas:
225
-5%
10,40 €
9,88 €
IVA incluido
En stock - 72 horas
Comprar

Este libro, concibido como manual para as materias “Sociedade, pensamento e cultura”, do Grao de Educación Primaria, e “Pensamento e cultura”, do Grao de Educación Infantil, defende a tese de que a adquisición de coñecementos e destrezas de carácter filosófico emerxe como un piar básico da formación dos educadores do futuro, xa que proporciona as ferramentas conceptuais necesarias para desenvolver o pensamento crítico e ético nos estudantes. A filosofía fomenta a reflexión profunda sobre temas fundamentais, estimula o debate informado e promove a análise e a revisión de ideas preconcibidas. A formación filosófica fortalece a capacidade dos educadores para guiar aos estudantes na comprensión da complexidade do mundo e contribúe a cultivar cidadáns responsables e comprometidos coa procura de solucións aos desafíos contemporáneos desde unha perspectiva ética e reflexiva.

Dese xeito, é crucial comprender dende un enfoque filosófico as claves que definen a cultura e a sociedade do pasado para ter unha comprensión ampla e significativa do mundo actual. A aprendizaxe da filosofía proporciona aos futuros educadores un marco teórico sólido que lles permite entender a variedade das sociedades actuais e as raíces das ideas que inflúen na formación das culturas contemporáneas. Estudar os modos cos que se pensa a realidade e que nos chegan dende a modernidade e a época contemporánea ofrece aos educadores unha ferramenta valiosa para desenvolver habilidades críticas tanto neles mesmos coma nos seus futuros estudantes, fomentando o pensamento reflexivo e a capacidade de cuestionar e analizar a información de maneira fundamentada.