Edición conxunta dos Servicios de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Fundación Pedro Barrié de la Maza patrocinou un importante traballo de investigación levado a cabo polo Instituto de Estudios e Desenvolvimento de Galicia, sobre os recursos e producción científica da nosa Comunidade Autónoma. Traballo básico para coñece-las prioridades, desaxustes e carencias que en materia de investigación tén Galicia. Na presente colección, que comeza con esta primeira serie de cadernos, teñen cabida recopilacións sectoriais de Recursos e Actividades, e análises globais das súas estructuras de I+D. Recóllese neste volume V a información da área de Ciencias da Vida.