Para avanzar é imprescindible que as mulleres participen nos diferentes ámbitos de investigación.
Nesta nova edición do catálogo Quero ser investigadora queremos seguir destacando o relevante traballo levado a cabo polas investigadoras da Universidade de Vigo, e espertar vocacións científicas entre os máis cativos e cativas.
Agardamos que gocedes da lectura destas dez historias, de dez nenas, dez mulleres que decidiron dedicarse ao que máis lles gusta para tratar de mellorar a sociedade.
Nesta páxina poderedes acceder á versión dixital do catálogo Quero ser investigadora 4, que se acompaña dunha guía didáctica dispoñible para a súa descarga. Trátase dunha proposta de actividades coa que a Unidade de Cultura Científica e da Innovación pretende axudar ao persoal docente que desexe integrar o catálogo nas súas clases. Tamén podes atopar contidos gamificados coa ferramenta Genially para complementar as actividades.