Soño dunha noite de verán (A Midsummer Night`s Dream) de William Shakespeare é unha das obras do teatro universal máis veces representada na escena galega. A nova tradución realizada por Miguel Pérez Romero - contextualizada, anotada e acompañada do orixinal inglés - ofrece ao público do século XXI un texto actualizado para continuarmos a gozar dunha das comedias máis vivas do legado shakespeareano. (Extracto da cuberta interior do libro)